Venres. 27.11.2020
El tiempo

Novas melloras para achegar a área de Gabenlle á veciñanza

Novas melloras para achegar a área de Gabenlle á veciñanza

Un dos recunchos naturais máis especiais do Concello da Laracha, está vivindo unha serie importantes de melloras. Ademais dos traballos do Obradoiro de Emprego de Carpintería renovando a pasarela do paseo polo río Anllóns, o Concello está desenvolvendo unha serie de accións para darlle un novo impulso.

Coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia, o proxecto ten dúas liñas. Por un lado xa está lista a reforma integral do interior do aseo público, que foi adaptado para facelos máis accesible. Nesa liña tamén serán mellorados dous accesos para axudar a chegada de persoas con mobilidade reducida.

Agora, os traballos céntranse na mellora e cubrición das grellas cunhas estruturas semellantes ás xa presentes noutros puntos da área.

Novas relacionadas

comentarios