Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Obradoiro de Emprego da Laracha lánzase xa ao monte

O Obradoiro de Emprego da Laracha lánzase xa ao monte

Os 20 alumn@s-traballador@s do Obradoiro de Emprego A Laracha VI xa completaron o primeiro mes e medio de actividade centrada prioritariamente na formación teórica, que desde agora compaxinan coa fase práctica consistente no desenvolvemento das primeiras actuacións sobre o terreo e no taller.

Na xornada de hoxe a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes comezou os traballos de acondicionamento dunha ampla parcela municipal situada xunto o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

Nos próximos meses outras intervencións que realizarán centraranse na zona verde situada nas inmediacións do parque empresarial e a área recreativa de Gabenlle, onde porán en valor os espazos públicos repoboándoas de árbores e vexetación autóctona e dotándoas con mobiliario urbano co propósito de mellorar as súas condicións para promover o seu uso e disfrute por parte da cidadanía. 

Ao mesmo tempo, a especialidade carpintería e moble tamén comezou a aprendizaxe teórica, pero neste caso traballando no taller habilitado polo Concello nun dos edificios municipais do parque empresarial. Os proxectos que executarán son a mellora do paseo fluvial do Anllóns, a renovación do mobiliario urbano e a creación dun novo peche perimetral da parcela do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

Novos obradoiros

Comentarios