A Oficina Móbil do DNI parará en febreiro na Laracha
07:43 12/01/22
Se xa sabemos cando pasará por Malpica e Ponteceso, a Unidade Móbil do DNI da Policía Nacional fará parada na Laracha o vindeiro 23 de febreiro. As cincuenta prazas dispoñibles outorgaranse por orde de inscrición, así que quen queira realizar renovacións do documento nacional de identidade ou, de ser o caso, expedir o carné por primeira vez, sen ter que desprazarse ata Coruña, pode pedir cita xa no 981612811, o teléfono do edificio administrativo da Laracha.
O horario de atención será de 9:00 a 12:00 horas.
O horario de atención será de 9:00 a 12:00 horas.