Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os parques empresariais da Laracha e Ponteceso avanzan na súa ampliación

Os parques empresariais da Laracha e Ponteceso avanzan na súa ampliación

Avanza a ampliación do parque empresarial da Laracha. Así llo confirmaba a xerente de SEA ao alcalde José Manuel López, cos visos postos en empezar as obras o vindeiro ano.

Polo de agora, non se recibiron alegacións con relación a esta área empresarial —o prazo finaliza o 16 de novembro— e avanzou que a previsión da Xunta é poder aprobar de forma definitiva o novo Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia PSOAEG a vindeira primavera.

O parque industrial da Laracha pasará dos seus actuais 825.249 metros cadrados, a superar os 1,1 millóns de metros cadrados.

Reordenación dos espazos arredor do IES Agra Leborís

Continúan as obras de reordenación dos espazos no entorno do IES Agra de Leborís, que convertirán á área unha zona deportiva de referencia. Despois de poñer dúas pistas polideportivas descubertas, está en fase de execución o Skatepark, cuia primeira fase consta da ampliación da estrada.

O Parque Empresarial de Tella segue medrando

Mentres por Ponteceso destacan que só queda unha nave en aluguer con opción a compra no polígono de Tella, despois da chegada dunha carpintería de madeira e unha empresa de aire acondicionado e frío industrial.

Un parque que ademais xa conta con acceso peonil dende Ponteceso, atravesando Tella con seguridade.

Comentarios