A área deportiva do IES Agra Leborís terá tamén un parque de calistenia

12:33 25/08/22
Ademais das dúas pistas polideportivas descubertas e a pista de Skatepark (en fase de execución), a área deportiva que o Concello da Laracha está realizando a carón do IES Agra Leborís tamén contará cun parque de calistenia.
O Concello vén de adxudicar por 177.000€ a construción deste parque, unha especie de ximnasio a ceo aberto, que completa así unha área que será unha referencia para a mocidade da zona.
Outra actuación consiste na ampliación da plataforma da calzada da estrada recentemente construída para aumentar a beirarrúa e habilitar máis prazas de estacionamento de vehículos.
Ademais adecuarán a esquina situada pola parte posterior do polideportivo do instituto como unha ampla zona verde axardinada.