Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Unha parroquia da Laracha queda libre e outra entra en restricións pola praga da couza da pataca

  • Outra parroquia larachesa como Lendo é, desde hoxe, unha zona libre tras decaer as medidas establecidas anteriormente para conter a praga da couza guatemalteca.
Unha parroquia da Laracha queda libre e outra entra en restricións pola praga da couza da pataca

Non marcha a praga da ouza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora povolny) da Costa da Morte. A praga detectouse por primeira vez no ano 2015, e entrou na comarca, a través de Muxía, en 2018. No 2019, momento de máxima expansión da couza guatemalteca, chegaron a estar infestados 35 concellos.
Na actualidade, mostran un avance significativo na súa contención, previa a unha posible erradicación, pois en varias zonas demarcadas non se detectou a presencia deste organismo durante dous anos, o que fai posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación.

Na Laracha dase a doble vertente, cunha parroquia que libra e outra que entra en restricións.

Por un lado, a parroquia de Lendo, ata o de agora zona tampón, pasa a ter a consideración de zona libre para o cultivo da pataca, polo
que decaen as medidas que estaban establecidas para a contención da praga.

Pero aínda hai zonas afectadas, como é o caso da parroquia de Caión, que segundo anuncia hoxe a Consellería de Medio Rural, pasa a ser considerada como zona tampón do cultivo da pataca.

Con todo, isto supón que se permite a plantación, pero coa obriga de comunicar o cultivo á Xunta de Galicia.

Comentarios