Muxía, primeiro concello da Costa da Morte afectado pola couza guatemalteca da pataca


Muxía, primeiro concello da Costa da Morte afectado pola couza guatemalteca da pataca
Publica hoxe a Xunta unha resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que Muxía pasa a formar parte da zona declarada como infestada pola couza da pataca. Convírtese no primeiro concello da Costa da Morte en ser afectado por esta praga da pataca, despois de que a Consellería detectara tres casos de tubérculos afectados en plantacións de autoconsumo no municipio.
Deste xeito, o concello pasará a ter todas as medidas de control aplicadas no resto de municipios demarcados, como a prohibición de plantar patacas e o movemento das mesmas.
Agora, dacordo coa normativa vixente, no concello infestado só se poderá comercializar tubérculo embolsado e etiquetado preparado para o consumidor final, precisamente porque o movemento de pataca a granel estará, igual que no resto de concellos demarcados, prohibido.
Así mesmo tomaranse medidas polos concellos limítrofes para evitar que o insecto se estenda poa contorna. Neste caso a rede de trampeo con feromona específica disporase no interior do concello infestado co obxectivo da captura masiva e nos concellos de Cee, Dumbría, Vimianzo e Camariñas e establecerase unha contorna de protección e alerta rápida para previr a súa dispersión por zonas produtoras.
Os produtores terán que aplicar as medidas establecidas no Real decreto 197/2017 publicado polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, tales como un tratamento fitosanitario durante a fase de tuberización e antes da colleita. As patacas recollidas non se poderán dedicar a semente mentres a praga non se dea por erradicada.
Charla informativa
A Consellería do Medio Rural e o Concello muxián organizan este próximo martes, día 27, unha charla á que poderán asistir os veciños. Terá lugar no salón multiusos do edificio do voluntariado.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Alertan da chegada inminente da couza guatemalteca á zona.
- Marzo 2017: Alertan da chegada inminente da couza guatemalteca á zona. Nova web informativa coristanquesa sobre a polilla da pataca.
- Marzo 2017: Alertan da chegada inminente da couza guatemalteca á zona. Abarrote na charla sobre a praga da pataca en Coristanco
- Marzo 2017: A praga da pataca en dez puntos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)