venres. 14.11.2025
El tiempo

XMÑ leva a súa arte bergantiñá a Valencia

XMÑ Maribel Castineira
XMÑ levou a súa arte a Francia
XMÑ leva a súa arte bergantiñá a Valencia

O vindeiro 21 de novembro, no Mercat de la Tapineria (espazo 15) de Valencia, inaugúrase a primeira exposición do colectivo internacional de artistas Somoslosdel24, un grupo formado por creadores de diferentes nacionalidades unidos por unha visión contemporánea da arte.

Maribel Castiñeira Varela (XMÑ) formará parte desta mostra con dúas obras recentes: “Fíos de aire” e “O que queda baixo a pel”, pezas que reflicten o seu estilo abstracto expresivo e a súa constante procura da conexión entre a natureza e a esencia humana.

Castiñeira, natural de Malpica e residente en Xermaña (Laracha) continúa así ampliando a súa presenza no panorama artístico nacional e internacional.

Comentarios