Venres. 19.04.2024
El tiempo

Piden a posta en marcha da Vía Verde entre Boedo e Meirama

Via Verde laracha
Piden a posta en marcha da Vía Verde entre Boedo e Meirama

A Vía Verde incluída no Plan director de mobilidade ciclista da Deputación da Coruña do tramo de 4,1 quilómetros de distancia da antiga vía de ferrocarril Santiago-A Coruña, entre Boedo e Meirama e A Laracha, segue sen poñerse en marcha. Como xa aprobou o pleno o pasado mes de xaneiro, esta semana é a candidata socialista a que pide “que a Vía Verde sexa unha realidade”.

“De momento non se fixo nada, o alcalde ten que pedir a inclusión do tramo no plan de mobilidade, iniciar os traballos precisos para redactar o proxecto e poñerse en contacto co resto das administracións implicadas”, engade Rodríguez, que levará de novo o tema ao pleno municipal.

Comentarios