martes. 28.04.2026
El tiempo

A Plataforma Stop Biogás Laracha avanza nos eidos social e institucional

 

 

Plataforma Stop Biogas Laracha nunha xornada de Billarda en Soandres
Membros da Plataforma Stop Biogás Laracha nunha xornada de Billarda en Soandres
A Plataforma Stop Biogás Laracha avanza nos eidos social e institucional

A plataforma cidadá STOP BIOGÁS A LARACHA continúa avanzando na súa actividade social, institucional e divulgativa desde a súa recente constitución, co obxectivo de lograr a paralización do proxecto de planta de biogás previsto na parroquia de Soandres.

Nas últimas semanas, a plataforma intensificou a súa presenza tanto no ámbito institucional como no tecido social da comarca, logrando ampliar apoios e situar o debate sobre este tipo de instalacións na axenda pública.

Presenza no Parlamento de Galicia

Unha das accións máis relevantes foi a asistencia ao Parlamento de Galicia, convidados polo Grupo Socialista, onde representantes da plataforma presenciaron a reunión da Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Finalmente, PP no rexeitou á moción presentada por BNG e PSOE para esixir a paralización cautelar do proxecto. Un rexeitamento que valoran dende a plataforma: “as palabras teñen que vir acompañadas de feitos”, reiterando o seu carácter "apartidista", subliñando que o seu único obxectivo é defender o interese da veciñanza e do territorio, á marxe de calquera formación política.

Crecemento do apoio social

Paralelamente, a plataforma desenvolveu un intenso labor de concienciación e contacto directo coa cidadanía, participando en distintos eventos comarcais.
A plataforma estivo presente na feira de Carballo, así como na Travesía do Xalo, onde recibiu o apoio explícito de entidades organizadoras como Castelo Deporte e Castelo Conta, así como do Concello de Culleredo e do propio Touriñán.

Plataforma Biogas na Travesia do Xalo
Plataforma Biogas na Travesia do Xalo

Especial relevancia tivo tamén a xornada de billarda celebrada en Soandres no campo de Vista Alegre con equipos de toda Galicia e a posterior reunión de veciños e familias no entorno onde se prevé proxectar a planta. Durante o encontro realizáronse accións simbólicas de apoio, incluíndo a gravación de vídeos reivindicativos e a interpretación dunha canción colectiva en defensa do territorio, na que participaron mesmo os máis cativos.

Vindeiras accións: información e mobilización

A Plataforma considera que a implicación social é clave nun momento no que o proxecto continúa en tramitación administrativa, e insiste na necesidade da súa paralización definitiva na localización prevista.

Por iso formula dúas novas accións. Como parte da súa estratexia informativa, a plataforma organizará unha charla aberta
dirixida á cidadanía, o sábado 2 de maio ás 17:00h no Mosteiro de San Pedro de Soandre
s. Nela participarán o pneumólogo Evaristo Lombardero, que abordará os posibles efectos sobre a saúde, e a gandeira Diana Fernández (As Somozas), que achegará a súa experiencia directa con este tipo de instalacións.

Así mesmo, a plataforma convocou unha manifestación cidadá para o sábado 9 de maio ás 12:00h na Laracha, á que invitan a todos os partidos políticos 

Máis novas

Comentarios