Venres. 29.03.2024
El tiempo

O pleno da Laracha pide, por unanimidade, a mellora de dúas estradas provinciais

O pleno da Laracha pide, por unanimidade, a mellora de dúas estradas provinciais

O pasado venres tiña lugar un sentido pleno no Concello de Malpica. Comezaba gardando un minuto de silencio en memoria das sete mulleres asasinadas en España no que vai de ano vítimas da violencia de xénero.

De seguido o goberno deu conta á Corporación municipal das 53 resolucións de Alcaldía ditaminadas do 10 de decembro ao 24 de xaneiro.

O pleno aprobou por unanimidade (PP, PSOE e BNG) tres mocións do grupo de goberno, o PP. Nunha delas acordouse instar á Deputación da Coruña a mellorar as condicións de dúas vías de titularidade provincial: Por un lado pídese a ampliación da DP-0513, entre o lugar de A Barreira, parroquia de Torás, ata o enlace coa DP-0514, Arteixo-Caión, para facilitar o tránsito rodado entre Paiosaco e a capital municipal coa vila costeira.

Ademais na DP-1913 reclámase a intervención en dous tramos. Un deles é o que comunica A Laracha coa estrada DP-1909 (Bértoa-Caión) e, o outro, o que vai da capital municipal ata a canteira de Soandres, a carón do enlace coa AC-400. Este último sector é de especial relevancia ao tratarse dunha das estradas de todo o termo municipal que soporta un maior volume de tráfico xa que comunica A Laracha coa Cerceda, Culleredo, o aeroporto de Alvedro e a cidade da Coruña pola terceira rolda. Por iso tamén se solicita a ampliación das pontes sobre o río Anllóns en Os Muíños e A Veiga e a construción das sendas peonís necesarias a ambas marxes da calzada entre a capital municipal e Gabenlle para consolidar como unha travesía a estrada nese núcleo de poboación.

Ademais, o pleno aprobou a moción para apoiar a demanda do goberno galego de esixir a devolución do IVE de 2017 que lle adebeda o goberno estatal. E tamén a moción para instar ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a retirar o borrador do proxecto de reforma do Regulamento de Costas por consideralo lesivo para os intereses do sector mar-industria alimentario de Galicia en xeral e do Concello da Laracha en particular ao ser prexudicial para o desenvolvemento socioeconómico e poder implicar a perda de postos de traballo.

Comentarios