Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha

VISITA DIEGO CALVO
O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha

Se o luns era Gonzalo Caballero o que se achegou por Muxía para arrincar a campaña do 12 de xullo, onte tocoulle ao candidato popular pola provincia da Coruña, Diego Calvo, pasar pola Laracha.

Calvo, acompañado do alcalde José Manuel López Varela, visitou un invernadero e a unha planta envasadora, que representa o 11% de todo o produto que sae da horta da provincia da Coruña. Unha visita para agradecer o traballo realizado pola industria agroalimentaria para garantir o mantemento do sumistro de produtos de primeira necesidade durante a corentena.

Aproveitou para lembrar a necesidade de concienciar ao consumidor da importancia de comprar estes produtos de proximidade como recoñecemento ao esforzo realizado por este sector.

Mesas Electorais

Onte tivo lugar o Pleno extraordinario no que foron sorteadas as mesas electorais. As cinco mesas electorais da parroquia de Torás serán habilitadas no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís en lugar do edificio da biblioteca municipal da Laracha. A instancias do Concello, o Instituto Nacional de Estatística autorizou o traslado a esas instalacións por ser máis amplas e, deste xeito, facilitar que as persoas que acudan a votar poidan cumprir o distanciamento social. Polo mesmo motivo, as dúas mesas da parroquia de Lestón serán ubicadas en dúas aulas do centro sociocultural de Paiosaco.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios