A praia de Caión contará con 8 socorristas e un coordinador
A partir do 15 de xuño a praia de Caión contará con 8 socorristas. Dous incorporaranse gracias ás axudas da Xunta (pendente aínda de ser aprobada), e os outros 6 e o coordinador serán da empresa que saia elexida do proceso de licitación que xa está en marcha. Serían dous socorristas máis dos que houbo o ano pasado.
O servizo ofrecerase do 15 de xuño ao 15 de setembro, de 12:00 a 20:00h.
O orzamento de licitación ascende a 49.181,73 euros (impostos incluídos), financiado integramente con fondos municipais.
Atención do sistema de augas
Paralelamente, a empresa Viaqua, responsable das augas municipais, vén de modernizar o seu servizo de atención ao cliente, a través do teléfono gratuíto 900 201 230, dispoñible de luns a venres de 8 a 21 horas para consultas ou xestións comerciais, garantindo o trato personalizado. Ademais, a través da área de clientes da páxina web de Viaqua (www.viaqua.gal) os usuarios poden realizar todas as xestións relativas ao seu contrato de auga en calquera momento e desde calquera dispositivo (computador, Tablet ou teléfono móbil).