sábado. 15.03.2025
El tiempo

ADEGA denuncia que os trámites para a concensión da central de bombeo da Ruña estarían caducadas

Mapa da estacion de bombeo da Xunta
Mapa das centrais e as balsas da central de Bombeo da Ruña. Fonte: ADEGA
ADEGA denuncia que os trámites para a concensión da central de bombeo da Ruña estarían caducadas

Mentres Augas de Galicia segue para adiante coa tramitación da concesión (de feito mañá hai novas reunións cos colectivos veciñais, sociais e ambientais da comarca, no marco dos trámites obrigatorios do proceso), a Asociación Ecoloxista ADEGA vén de solicitar a caducidade dos trámites de concesións dos proxectos de centrais de bombeo dende o río Xallas (encoro de Santa Uxía) a tres balsas artificiais no monte da Ruña (Mazaricos), que Augas de Galiza tramita dende 2023, ao entender que terían xa superado o prazo máximo para resolver, como aconteceu coa concesión de augas de Altri.

ADEGA entende que xa pasou o prazo máximo de 18 meses establecido no artigo 116.5 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH), unha vez que o trámite de competencia iniciouse o 12 de xaneiro de 2023, e publicouse no BOP da Coruña o 23 de febreiro de 2023 (expediente AC/7/180), coa solicitudes de Feroe Ventures & Investiments S.L.U. (grupo Xeal) e Portodemouros Solar S.L.. Un proceso que segundo ADEGA, debería ter rematado antes do 27 de outubro de 2024 (despois dun paréntese temporal). “Dado que a día de hoxe o organismo substantivo encargado de tramitar a concesión (Augas de Galiza) aínda non resolveu sobre dito concurso, este procedemento debería considerarse caducado e as solicitudes desestimadas”, entende ADEGA.

A entidade ecoloxista, que ten presentado alegacións ao proxecto, critica o aproveitamento hidroeléctrico do caudal do Xallas e reclama que se utilice para usos ambientais e de abastecemento público. Sinala ademais que este proxecto industrial “suporía alongar o mal estado desta masa de auga e comprometer a traída de moitos concellos, alén de estender o secuestro do Xallas polo encoro de Santa Uxía (as empresas solicitan 75 anos de concesión) até o ano 2099, nada menos que 189 anos dende que se construira o primeiro encoro en 1910”.

Máis novas

Comentarios