venres. 12.12.2025
El tiempo

Inquedanza polo novo proxecto de construción dunha central de bombeo en Montemaior

Miradoiro de Sta. Marta na laracha-Montemaior
Vistas dende o Miradoiro de Sta. Marta, en Montemaior
Inquedanza polo novo proxecto de construción dunha central de bombeo en Montemaior

Anunciábase esta semana a futura instalación dunha central hidroeléctrica de bombeo promovida por Gnera Enerxía en Montemaior. A Laracha, un proxecto que suporía un investimento de 120 millóns de euros. Unha nova que acendía as alarmas da veciñanza.

O PSdeG-PSOE da Laracha, a través da súa portavoz Inés Ramos, manifestou o seu “apoio absoluto” aos veciños e veciñas de Montemaior e sinala que é “imprescindible que a cidadanía sexa informada con claridade, participe activamente e sexa escoitada antes de tomar calquera decisión definitiva sobre a ubicación concreta do proxecto en Montemaior”. A voceira destacou que “un investimento desta magnitude precisa a máxima transparencia e un proceso aberto no que os veciños poidan coñecer con detalle o impacto no territorio, no medio ambiente e na vida diaria da parroquia”. Ademais, esixiu “datos claros sobre o uso e posible afectación da auga, do patrimonio natural e arqueolóxico, e dos terreos e vivendas particulares”.

“Os veciños e veciñas teñen dereito a formar parte deste proceso", sinala Ramos, que reclama que o Concello actúe con “total rigor”, garantindo que non se concederá ningún permiso municipal se a empresa promotora non “cumpre estritamente con toda a legalidade vixente, incluídos os requisitos urbanísticos, ambientais e de seguridade”, explicou a voceira socialista.

Máis novas

Comentarios