Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preto de 100 nen@s disfrutan da Aula Lúdica da Laracha

Esta madrugada de mércores a xoves haberá un corte de auga na capital municipal e a varias parroquias
Preto de 100 nen@s disfrutan da Aula Lúdica da Laracha

O servizo de aula lúdica que o Concello ofrece durante o verán para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos de entre 3 e 12 anos, conta con preto de cen usuarios inscritos, sendo a media diaria de asistentes superior aos sesenta rapaces.

O servizo, que é gratuíto para os beneficiarios, préstase de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, tempo durante o que os nenos realizan diversas actividades deportivas, culturais, educativas e recreativas adaptadas ás súas idades. Durante o verán empréganse as instalacións do CEIP Otero Pedrayo que ofrecen unha maior comodidade ao dispoñer de máis amplitude que na aula do edificio de servizos múltiples que se utiliza durante o curso escolar.

Corte de auga

Debido á execución das obras de mellora da rede principal de distribución de auga que abastece ao núcleo urbano da Laracha e a outras entidades de poboación próximas á capital municipal, na madrugada do mércores 21 ao xoves 22 de xullo será preciso efectuar un corte no subministro entre as 00:00 e as 8:00 horas que afectará a:
- Toda a vila da Laracha.
- Parroquias de Torás e Vilaño ao completo.
-Parroquia de Cabovilaño: soamente ata a glorieta de acceso á autoestrada AG-55, incluíndo a urbanización Monte Claro.

Comentarios