Martes. 19.03.2024
El tiempo

O PSOE de Laracha pide que os custes do SAF os asuman os gobernos da Xunta e do Estado

servizo de axuda no fogar
O PSOE de Laracha pide que os custes do SAF os asuman os gobernos da Xunta e do Estado

Esta semana o BNG amosaba a súa intención de presentar unha moción para solicitar a xestión directa municipal do Servizo de Axuda no Forgar. Hoxe é o PSOE de Laracha o que informa que presentarán unha moción no próximo pleno municipal para que o concello inste á Xunta de Galicia e o goberno central a asumir o custo do servizo de axuda no fogar.

“É unha competencia impropia que asumen os concellos cando lle corresponde ás administracións autonómica e estatal”, afirma a portavoz socialista, Paloma Rodríguez, que lembrou que “a Xunta aporta 9,70 euros por hora desde o ano 2008, non subiu esa cantidade mentres se incrementaron o número de usuarios e o prezo; as empresas demandan entre 16 e 23 euros por traballador e hora nalgúns concellos”.

“A situación é insostible para as finanzas municipais, consideramos que o servizo é unha prioridade pero a Xunta ten que asumir a súa responsabilidade, temos que ofrecer unhas condicións dignas aos traballadores e os usuarios”, engade.

Outros asuntos

Por outra parte, os socialistas preguntarán ao grupo de goberno do PP se respondeu a unha carta que a Xunta enviou a todos os concellos para establecer un plan de coordinación de retirada dos niños de velutina neste ano.

Por último, o PSOE da Laracha levará á sesión penaria as queixas dos veciños da avenida de Caión pola maleza existente nunha finca da zona, o que ocasiona molestias desde hai tempo. Os socialistas demandan medidas urxentes para solucionar a situación.

Novas relacionadas

Comentarios