Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Quico Cadaval, Xurxo Souto e Bea Campos levan os seus Contos no Camiño ata Laracha

Contos no camiño
Quico Cadaval, Xurxo Souto e Bea Campos levan os seus Contos no Camiño ata Laracha

A Casa da Cultura da Laracha acollerá este domingo a partir das 18:30 horas o espectáculo humorístico de narrativa oral Contos no camiño.

O evento, dirixido a persoas adultas, é protagonizado polos coñecidos artistas Quico Cadaval, Xurxo Souto e Bea Campos, tres dos mellores contadores de historias do panorama galego. A temática será o Camiño de Santiago, recollendo lendas e historias peculiares e sendo o humor un dos elementos característicos e fío condutor do espectáculo.

A entrada será gratuíta ata completar a capacidade do auditorio. O público deberá usar máscara durante toda a duración da función. Esta iniciativa é organizada polo Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística e dentro do programa FalaRedes.

Comentarios