sábado. 07.12.2024
El tiempo

A rapazada da Laracha participou no Parlamento no Foro Infantil UNICEF

2024.11.12.- Foro Unicef Parlamento de Galicia -A Laracha
A rapazada da Laracha participou no Parlamento no Foro Infantil UNICEF

A Laracha foi un dos once concellos que formaron parte este martes do XII Foro Infantil UNICEF no Parlamento de Galicia celebrado en Santiago de Compostela. Por segundo ano, 9 nenos e nenas larachesas, acompañados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rocío López, representaron ao Concello no Grupo de Participación da Infancia e da Adolescencia.

Unha participación que vén gracias a aposta municipal para ser nomeada "Cidade Amiga da Infancia".

2024.11.12.- Foro Unicef Parlamento de Galicia-

Trala benida do presidente do Parlamento Miguel Santalices, e da intervención da presidenta de UNICEF Galicia, María Montalvo, foi a quenda para os deputados representantes de cada un dos grupos parlamentarios.
Pecharon o foro o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade, Jacobo José Rey, e novamente o presidente do Parlamento antes de proceder á entrega aos rapaces dos diplomas acreditativos da súa participación.

Máis novas

Comentarios