martes. 14.04.2026
El tiempo

O SAL proclámase Campión Galego Infantil e bate un récord galego histórico

  • O SYSCA carballés foi segundo e afianza o poderío do socorrismo bergantiñán.
O SAL Laracha no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo da Coruna 2
Familia completa do SAL Laracha no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo da Coruña
O SAL proclámase Campión Galego Infantil e bate un récord galego histórico

Incrible as barreiras que segue superando o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL. Esta pasada fin de semana acadou un feito deportivo de enorme relevancia para o concello e para toda a comarca, batendo un récord galego histórico.

Tofo aconteceu o pasado 21 de febreiro, no Campionato Galego Infantil celebrado en Riazor (A Coruña). O club proclamouse Campión Galego Infantil na Clasificación Xeral, Campión Galego Infantil Feminino, Campión Galego Infantil Masculino e Campión Galego na clasificación Mixta.

Pero é que en conxunto conseugiron un total de 546 puntos, cunha diferenza moi ampla respecto ao segundo clasificado (387 puntos), nunha competición na que xa dende as primeiras xornadas os resultados apuntaban claramente ao liderado, confirmándose o sábado cunha actuación excepcional e histórica.

Por se fora pouco, o equipo feminino bateu o récord galego na proba de 4x50 m natación con obstáculos, establecendo unha nova marca de 2:30.45, superando o rexistro vixente dende 2015 (2:32.91). Un récord que levaba once anos sen ser superado e que agora leva o nome da Laracha.

O SAL Laracha no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo da Coruna

Un modelo de formación integral

A pesar dos éxitos, dende o club valoran máis a forma de formar: “Máis alá dos resultados deportivos, consideramos especialmente importante poñer en valor o modelo deportivo que estamos a desenvolver. No SAL non só traballamos para competir e gañar, senón para formar deportistas de maneira integral, educando en valores como o respecto, a igualdade real, o traballo en equipo, a responsabilidade e o compromiso social. Apostamos por un deporte que salva vidas e por unha formación que constrúe persoas”, explican dende a directiva.

”Cremos que este éxito non é só unha vitoria do club, senón tamén da Laracha e da comarca, como exemplo de que o deporte base, cando se traballa con seriedade, planificación e valores, funciona”.

Segundo posto para os infantís do Club Sysca 

Ademais, o Club Sysca levou a Riazoe 19 deportistas, acompañados por o seu adestrador, David Orgeira, acadando como mellor resultado o segundo posto en Infantís.

 A nivel individual, Jaime Buño colgouse o ouro na proba de 50 metros de rescate maniquí, así como dous bronces, tanto nos obstáculos 100 metros como nos 100 metros rescate de manequín con aletas. Tamén Nicolás Cerviño subiu ao máis alto do podio, en o seu caso en o os 100 metros rescate de maniquí con aletas, e foi quinto nos 50 metros Rescate de manequín.

Ademais, Belén Puñal finalizou o campionato con dous bronces, en 50 metros rescate de maniquí e 100 metros rescate de maniquí con aletas, e dous cuartos postos, tanto en 100 metros obstáculos como en 100 metros socorrista.
Pola súa banda, Pedro Fernández tamén estivo a piques de subirse ao podio ao quedar cuarto nos 100 metros socorrista. Ademais, foi décimo nos 100 metros rescate de manequín con aletas. Ada Quintela culminou os 100 metros obstáculos en sétima posición e os 100 metros metros rescate de maniquí con aletas en décimo posto, a mesma posición que alcanzaron Manuel Ferreiro e Roi Freijeiro nos 100 metros socorrista e 50 metros rescate de manequín, respectivamente.

Nas probas por equipos, a substitución masculina coroouse como campión no 4x50 natación con aletas, ao que sumou dúas pratas, no 4x25 remolque de maniquí e 4x50 combinado, e un bronce no 4x50 obstáculos. Á súa vez, as mozas fixéronse coa prata na substitución combinada e co bronce no de aletas. Tamén lograron ser cuartas tanto. no de obstáculos como no de remolque de manequín. Na substitución 4x50 socorrista mixto, os deportistas carballeses finalizaron en segundo lugar.

Máis novas

Comentarios