Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O teatro, por primavera, en Paiosaco

Teatro Primavera Laracha Paiosaco 2022
O teatro, por primavera, en Paiosaco

Tralo éxito do ciclo de Caión, A Laracha segue apostando pola programación cultural coa 11ª Primavera Teatral de Paiosaco. O Concello programa 3 funcións, os días 8, 22 e 29 de abril no centro sociocultural de Paiosaco, afianzado un dos referentes da programación cultural municipal, e seguindo a liña dos Venres Teatrais da Laracha ou o Teatro con Salitre de Caión.

A primeira cita será o venres día 8 con O mel non caduca. No ano 2173 dous científicos/apicultuores (aos que dan vida os actores Aveliño González e Marián Bañobre) levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. T

Trala pausa pola Semana Santa, o teatro regresará o venres 22 con A parábola de Angazo, a última obra de Talía Teatro. Toño Casais e Artur Trillo, baixo a dirección de Diego Rey, protagonizan esta obra que xira en torno á lingua galega.

O ciclo pecharase o venres 29 con Reino da extinción, de Amorodio Teatro, unha comedia que conta a historia de Galicia a través de catro personaxes de diferentes épocas e que pretende reflexionar sobre o concepto de identididade galega, explicando como cambiou ao longo dos séculos.

Todas as funcións serán a partir das 21:00 horas e con acceso gratuíto para o público. Colabora co Concello na organización da Primavera Teatral de Paiosaco a Deputación da Coruña.

Comentarios