Vilaño conta os días para a VI Carreira do Apóstolo

Presentouse esta semana, e abriuse o prazo de inscrición, para a VI Carreira do Apóstolo de Vilaño, A Laracha. A cita desenvolverase sábado 16 de xullo, en vísperas das festas patronais do Santiago Apóstolo, afianzándose como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.

Os puntos de saída e chegada no Adro de Vilaño, onde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido e o remate do evento, haberá un xantar popular con racións a prezos asequibles.
A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha. De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km. Parte da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha e a AECC.
O evento será en horario matutino, dando comezo ás 10:45 h coas categorías escolares, as 11:45 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 11:50 h.
As inscripcións xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o xoves 13 de xullo.
Así foi a edición do ano pasado, que contou con 800 participantes: