Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha visita guiada ao Castro de Montes Claros e ao Menhir de Erboedo

Visita a Montes Claros_aqueoloxia
Unha visita guiada ao Castro de Montes Claros e ao Menhir de Erboedo

Xa de titularidade municipal, e mesmo coa primeira excavación realizada, o Castro de Montes Claros está, ao igual que o Menhir de Erboedo, listo para as visitas.

Así, coa idea de poñer en valor os dous espazos arqueolóxicos, o Concello da Laracha organiza visita guiada pola arqueóloga Puri Soto que terá lugar o sábado 13 de novembro.

A saída do autobús desde a Praza do Concello está prevista para as 10:00 horas. En primeiro lugar visitarase o menhir de Erboedo, o único en pé da Costa da Morte. Tamén coñecido como Marco da Anta ou Pedra do Ghicho, trátase dunha manifestación artística do megalitismo consistente nunha pedra fita realizada en granito e que alcanza os dous metros e medio de altura. Así mesmo, aproveitarase para desfrutar das vistas desde o monte de Santa Locaia, moi próximo ao menhir.

A continuación visitarase o Castro de Montes Claros, o antigo poboado fortificado da Idade de Ferro situado na parroquia de Vilaño que durante os últimos meses foi obxecto das primeiras escavacións arqueolóxicas por parte do Concello.

As inscricións para anotarse nesta xornada son gratuítas cubrindo formulario online.

Novas relacionadas

Comentarios