Venres. 19.04.2024
El tiempo

Volven roubar na área canina da Laracha

A porta de acceso á área canina da Laracha desapareceu
Volven roubar na área canina da Laracha

Bens primarios como o gasoil ou o metal estanse convertindo nun verdadeiro foco de desexo para os amigos do axeno. Esta pasada fin de semana detiveron dúas persoas como suspostas culpables do roubo de gasoil de maquinaria pesada, e hai pouco atopaban o bronce destrozado da estatua do Faro Nariga nunha chatarrería.

En febreiro, o Concello da Laracha denuncia o roubo das randeeiras do parque infantil de Gabenlle, e foi o pasado mes de novembro cando levaban parte do valado da área canina da Laracha.

Precisamente, esta fin de semana volveu acontecer. É a terceira vez en poucos que desaparece parte do peche perimetral e da porta de acceso a este equipamento público. Desta volta levaron a porta de acceso.

Ademais, tamén na fin de semana detectaron que dúas ancoraxes de colectores de residuos sólidos urbanos foron desmontadas e roubadas. Unha delas foi xunto á praia das Salseiras e, a outra, no lugar do Campo da Costa.

Ademais da investigación que está a levar a cabo a Policía Local para tratar de dar cos responsables destes actos e de solicitar a colaboración cidadá, o Concello está a estudar as medidas de seguridade oportunas a levar a cabo para protexer os equipamentos públicos e evitar accións destas características que perturban a tranquilidade dos veciños do termo municipal.

Outros sucesos

Comentarios