Venres. 26.04.2024
El tiempo

Dous detivos por roubar gasoil en maquinaria pesada

Roubo gasoil Costa da Morte
Dous detivos por roubar gasoil en maquinaria pesada

Dende o pasado mes de novembro de 2021, varias empresas levan denunciando o roubo de gasoil na súa maquinaria pesada. Os suspostos autores aproveitan que distintas empresas, que realizaban obras de gran calado en Muxía e Fisterra, deixaban estacionada maquinaria pesada (tamén tractores e camións), con grandes depósitos de combustible, na vía pública pero con pouca visibilidad para cometer os ilícitos penais. En plena madrugada, fracturaban as tapas dos depósitos de combustible e subtraían gasoil polo método dos vasos comunicantes.

Garda Civil investigou os feitos e conseguía esta semana a identificación plena dos autores dos ilícitos penais, un muxián e un fisterrán, e procedeu á súa detención como autores dunha ducia de roubos dende novembro de 2021 ata a data actual nas localidades de Camariñas, Muxía, Fisterra, Corcubión, e Carnota.

A Garda Civil continúa coa investigación aberta, as dilixencias foron postas a disposición do Xulgado de Corcubión.

Comentarios