Luns. 06.04.2020
El tiempo

Xa están operativos os novos orzamentos xerais municipais da Laracha

Xa están operativos os novos orzamentos xerais municipais da Laracha

O Concello da Laracha comezou onte a operar cos novos orzamentos xerais municipais do exercicio económico 2020 unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a aprobación definitiva dos mesmos, ademais do cadro de persoal e o límite de gasto non financeiro.

Previamente as contas foran aprobadas con carácter inicial polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o pasado día 27 de decembro e, a continuación, superouse o período de exposición pública sen terse presentada ningunha alegación.

Os presupostos do novo exercicio económico están equilibrados en gastos e ingresos e ascenden a 8.235.000 euros, sendo o fiel reflexo das liñas prioritarias para o goberno local do Concello da Laracha: a blindaxe dos servizos sociais (máis de dous millóns de euros), o esforzo investidor (un millóns de euros), o apoio ao asociacionismo e aos estudantes e a conxelación de impostos e taxas municipais (IBI, recollida de residuos sólidos urbanos, etc.), manténdose nos tipos mínimos que permite a lei.

comentarios