Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1 millón de euros para que o alumeado público de Cabana aforre o 67%

Estrada na Mata
Estrada na Mata
1 millón de euros para que o alumeado público de Cabana aforre o 67%

Como xa fixo noutros concellos da comarca, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) vén de anunciar o investimento de case 1 millón de euros para renovar o alumeado público de todas as parroquias de Cabana. Unha acción formulada para conseguir un aforro do 67%.

Actuarase en 2745 dos 3001 puntos de luz existentes no municipio -xa que o restante xa están renovadas- substituíndo así as luminarias actuais por outras con tecnoloxía LED, máis eficientes.

Comentarios