20 anos de valores e integridade dende Cabana de Bergantiños
20 anos de valores, 20 anos traballando pola discapacidade na Costa da Morte. Este ano, a Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, cumpre 20 anos. E para celebralo veñen de organizar unha serie de actos de conmemoración.
Unhas actividades que teñen como obxectivo visibilizar a traxectoria e consolidación da entidade, e para iso non hai máis que amosar e divulgar o que leva feito INTEGRO nestes anos, "amosar en clave positiva os 20 anos de esforzo e que como eso axudará a seguir con 20 anos máis de traballo".
I é que Íntegro é moito máis que unha entidade pola diversidade funcional. A súa estrutura horizontal que ten como misión promover a independencia, a autonomía e a igualdalde de oportunidades; aspira a crear unha comunidade que aprecie a diversidade humana como un valor fundamental, ao tempo que defende os valores como a inclusión e a participación.
Presentación
A presentación dos actos do 20 Aniversario tivo lugar o pasado venres 30 de marzo no Centro de Recursos ÍNTEGRO. Contouse coa presenza dos Alcaldes de Ponteceso e Cabana, por ser estes os dous concellos onde a “Asociación de minusválidos Ponte-Cabana” empezou o seu percorrido hai 20 anos.
Copa Galega Baloncesto
O pasado sábado 31 tivo lugar a cita deportiva da fin de semana. O Pavillón Municipal de Ponteceso acollía, cunha moi boa entrada, a Copa Galega de Baloncesto en Cadeira de Rodas. Neste partido enfrontarónse o Baskemi de Ferrol e o Amfiv de Vigo.
Unha de diplomas
O centro fixo entrega dos diplomas os/as alumnos/as que fixeron o curso de telefonista-recepcionista. No acto estiveron Alfonso Villar, Delegado en Baio de Mapfre; e Adolfo López Baña, Presidente de ÍNTEGRO. Esta acción formativa estivo subvencionada pola Fundación MAPFRE e comezou en xaneiro deste ano.
Concurso de debuxo
A entidade xa presentou os colexios e institutos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Vimianz e Zas as bases do concurso de debuxo. A temática sobre a que versará será sobre a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con diversidade funcional (Discapacidade), en concreto o artigo 9.1 Accesibilidade universal.
Vai dirixido a alumnos de 2º da ESO co obxectivo que na materia de Educación da Cidadanía se lles acerque os conceptos e ideas que se plasman na Convención da ONU das persoas con diversidade funcional.
O prazo para presentar os debuxos nos colexios remata o 22 de maio, o fallo do xurado darase a coñecer no mes de xuño e acudirase o colexio alumno/a gañador/a a entregar o premio o/a alumno/a e o colexio/instituto.
Acto central do Aniversario
O sábado 26 de maio as 12:00h no Centro de Recursos ÍNTEGRO, terá lugar a celebración do 20 aniversario da asociación, será un acto protocolario cos actuais membros da Xunta Directiva e ex-membros da asociación, profesionais da entidade, socios/as, usuarios/as, personalidades públicas, veciños e un largo etcétera.
Será un acto no que se aproveitará para dar as gracias pola colaboración e axudas recibidas durante estes anos e para amosar o que se fixo dende a entidade nestes 20 anos.Entregarase un agasallo conmemorativo e farase a descuberta dun mosaico co anagrama de ÍNTEGRO feito polos usuarios/as do centro de día e ocupacional de ÍNTEGRO. Os materiais para a elaboración deste mosaico foron cedidos pola empresa Suministros Lar a cal organiza o concurso de murais onde participan os/as usuarios/as.
Exposición
Durante o acto principal e o longo do ano, poderase visitar no Centro de Recursos ÍNTEGRO unha exposición de fotografías que recollerá as mellores imaxes destes 20 anos. É unha homenaxe a todas aquelas persoas que contribuíron a que ÍNTEGRO sexa unha entidade referente non eido da diversidade funcional na Comarca. Esta exposición terá carácter permanente.
Máis información
Novas relacionadas
- “Sentimos que nos discriminan cando outras persoas falan e deciden por nós”.
- Os usuarios de Íntegro convírtense en oficinistas.
- Un día de convivencia entre os alumnos de Camariñas e os de Aspadex.
- Alumnos artesáns que coidan o mar.
- APEM e Aspadex volven ao mar.
- A Asociación Íntegro Premiada pola FECOM.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da Asociación Íntegro.