55 usuarios de Íntegro clausuraron un ano de accións formativas

Non deixan de formarse para poder acceder mellor ao mercado laboral. Un 55 usuarios do Centro de Recursos ÍNTEGRO celebraron hoxe a clausura das accións formativas levadas a cabo dende febreiro ata agora. Accións relacionadas cas novas tecnoloxías, como o sinala o título "Curso de iniciación a informática, subvencionado pola Fundación Mapfre de 30h de duración", con sesións sobre internet.

Pero apreneron cun Taller de pequenos mantementos no fogar, un Taller de automaquillaxe e un Taller de cociña (14h).

Estas formacións, foi unha aposta que fixo a entidade fiel os seus principios. Por elo está a elaborar o seu 3º plan estratéxico para os próximos tres anos que marcará a folla de ruta da entidade.

Dentro das medidas a adoptar no mesmo, está a adecuación das ofertas formativas, reivindicativas e de ocio e tempo de lecer as demandas das súas socias e socios, así como da sociedade en xeral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Íntegro.