Roteiro, fútbol, churrasco e teatro para celebrar o Día de Inclusión


A xornada organizada pola Asociación INTEGRO conseguiu reunir o pasado sábado a máis de cen persoas nas actividades do día da Inclusión. A xornada comezaban percorrendo un roteiro festeiro dos cerca de 1.300 m de paseo marítimo cabanés que vai dende a Praia da Orixeira ata a Praza do Pendón, ó ritmo do grupo de gaitas da Asociación Carcaxía de Malpica.
Despois do roteiro celebrouse o I torneo A inclusión conta, fai que conta!!!, un torneo co que promocionar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no que competiron os equipos de fútbol sala femininos da Asociación Deportiva Vila de Pondal e o FISOBER e os masculinos C.D. Nantón de Veteranos e os Veteranos do Soneira resultado ganadores estes últimos.
A continuación serviuse un churrasco non que se fixo entrega dos trofeos do torneo de fútbol sala, o xantar estivo amenizado polo Dúo D´Café que fixo as delicias dos asistentes.
Para rematar a xornada, desprazámonos ó auditorio cabanés para asistir a estrea da obra The Integro Love Story, dous Romeos e unha Xulieta, a primeira representación do grupo Diversi&teatro da Asociación INTEGRO, púxose o broche de ouro a xornada cos desternillantes monólogos de Isi e Isa tras os cales se fixo entrega dun agasallo as madriñas e padriños do grupo Diversi&teatro que coas súas contribucións colaboran a que o grupo continúe coa súa andaina.
Dende a Asociación INTEGRO queren agradecer a todas as persoas e asociacións que participaron nalgún momento da xornada e queren ensalzar a incrible labor do equipo de voluntarios xa que sen a súa contribución un día como o de hoxe non sería posible.

Novas relacionadas
- Os usuarios de Íntegro xa son pescadores.
- O IES de Baio aprende en todas as frontes.
- Os alumnos de Laxe aprenden a convivir coa diversidade.
- Aprendendo a vivir as dificultades da discapacidade en primeira persoa.
- Un manifesto Íntegro polo Día da Muller.
Fonte
- Nota de prensa de Integro.