Martes. 30.04.2024
El tiempo

Aprendendo a vivir as dificultades da discapacidade en primeira persoa

Aprendendo a vivir as dificultades da discapacidade en primeira persoa
Aprendendo a sobrevivir ás barreiras da discapacidade en primeira persoa

Interesante, coma sempre, as actividades que realizan os usuarios da Asociación Íntegro para coa sociedade costeira. O pasado venres, o equipo técnico da área de sensibilización e participación da Íntegro levou a cabo unha actividade de sensibilización sobre a Diversidade Funcional. Na actividade fíxose partícipe ao alumnado de 2º da ESO do IES As Revoltas do Concello de Cabana de Bergantiños das dificultades coas que se encontran as persoas con diversidade funcional para poder levar unha vida autónoma e independente.

Na charla tamén se informou ao alumnado sobre os orixes da entidade, a súa misión, vision e valores e reivindicouse a necesidade de loita por unha sociedade inclusiva que non segregue as persoas polas súas formas diversas de funcionar. Incidiuse tamén na formación profesional e no voluntariado como xeito de promocionar e mellorar a calidade de vida das persoas e como alternativa laboral, xa que dende calquera ámbito académico se pode traballar en prol de melloras que faciliten a vida autónoma, independente e inclusiva das persoas con diversidade funcional.

A última parte da actividade consistiu na realización duns circuítos nos cales o alumnado debía ter unha diversidade funcional: mobilidade reducida, falta de visión, etc. con esas condicións accederon ao pavillón do Concello de Cabana de Bergantiños onde participaron nunha serie de xogos populares nos que puideron percibir na súa propia pel as dificultades que implican as barreiras arquitectónicas, físicas e mentais.

A actividade desenrolouse con normalidade e o alumnado manifestou un gran interese sobre todo cando experimentaron a dificultade no acceso a infraestructuras comúns as que acoden con asiduidade.

Os alumnos das Revoltas aprenderon cos de Integro

Novas relacionadas

  • Un manifesto Íntegro polo Día da Muller.
  • Os usuarios de Íntegro fórmanse en novas tecnoloxías.
  • Fonte

    • Íntegro.

    Comentarios