Martes. 30.04.2024
El tiempo

Os usuarios de Íntegro e Adisbismur disfrutan da piscina

Os usuarios de Íntegro e Adisbismur disfrutan da piscina
Usuarios de Adisbismur na piscina municipal

Como gozaron os usuarios dos centros costeiros da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) das súascitas na piscina. Os usuarios do centro cabanés de Íntegro e así como os muradáns de Adisbismur disfrutaron durante os últimos meses do programa de natación terapéutica financiado pola Fundación Iberdrola.

Tiveron sesións nas que practicaron exercicios que lles posibilitaban o poder manter ou mellorar o estado físico e psicolóxico a través de actividades que permitían a mobilidade, a flotación, a respiración e a propulsión dentro da auga.
O proxecto de natación terapéutica enmárcase dentro do programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde das persoas con discapacidade, tendo como finalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade debido á falta de atención especializada.

Usuarios de Integro na piscina

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMI.

Comentarios