Os usuarios de Íntegro xa son pescadores

09:02 28/05/13

Encantadora a fin de semana que pasaron os usuarios da Asociación INTEGRO. A área de ocio e tempo de lecer do centro organizou unha xornada de pesca na que usuarias/os e socias/os compartiron o día con algúns dos pescadores da Sociedade de Pesca Deportiva Neria.
Os profesionais introduciron aos usuarios nas técnicas de pesca de río, nunha agradable tarde no fermoso e preparado espazo do merendeiro de Vilafernández, no encoro da Fervenza.
Ademais, pescadores e usuarios degustaron un riquísimo churrasco e disfrutaron dunha divertida xornada na fermosa paraxe do encoro da Fervenza.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: O merendeiro de Vilafernández no encoro da Fervenza.
- O IES de Baio aprende en todas as frontes.
- Os alumnos de Laxe aprenden a convivir coa diversidade.
- Aprendendo a vivir as dificultades da discapacidade en primeira persoa.
- Un manifesto Íntegro polo Día da Muller.
Fonte
- Nota de prensa de Integro.