Sábado. 06.06.2020
El tiempo

8 Concello da Costa da Morte terán Sede Electrónica

8 Concello da Costa da Morte terán Sede Electrónica

Xa está en marcha en 47 concellos da provincia da Coruña a nova Plataforma de sede eletrónica municipal. E 8 son da Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo xa están adheridos a esta plataforma, “unha ferramenta para un futuro que cada vez é máis presente”.

Deste xeito, e como sinalou o presidente da Deputación Diego Calvo, con esta ferramenta os cidadáns terán “o concello en casa e aberto as 24 horas do día e os 365 días do ano e a administración será máis áxil, transparente, ordeada, eficaz e eficiente". Vaia, un servizo “que xa é imprescindible para a sociedade”.

Así e todo, fixemos un repaso polas webs municipais e ningunha ten aínda activa a Sede. Ademais fixemos unha batería de chamadas polos Concellos adheridos e polo de pronto a desinformación é bastante patente. Polo que iremos informando de cando se van ir activando estas Sedes Electrónicas.

Servizos

Os trámites realizaranse de forma telemática e permitirán, por poñer algún exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar expedientes, precisando únicamente o DNI electrónico ou un certificado electrónico, mantendo así todas as garantías legais, de confidencialidade e seguridade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Diputación da Coruña.

comentarios