Belém Tajes saca a súa vea máis arxentina no seu novo sinxelo "Fuego Eléctrico"

A artista camariñá Belém Tajes, vén de publicar o seu último e luminoso single, “Fuego Elécrico”. A canción, escrita en castelán e sacando a súa vea máis arxentina, chega da man dunha colaboración especial coa tamén intérprete e compositora canaria Marilia Monzón.
A canción, de corte pop melódico, irradia enerxía e positividade, e emerxe como himno inspirador para aquelas persoas que buscan brilar con luz propia. É “unha oda ao empoderamento e á determinación, unha chamada a soltar o pelo e abrazar a vida con valentía”, explica.
Xa está dispoñible en todas as plataformas como adianto do agardado álbum da cantautora galego-arxentina, tras o seu EP Un Mapa (2022), inspirado na súa terra de nacemento en Arxentina. Este próximo disco levará por título “Amar o mar” e promete ser un proxecto en prol da sustentabilidade e o respecto aos océanos que sairá ao longo deste 2024.
Máis novas de Belem