Xoves. 20.06.2024
El tiempo

O talento local protagonista en Cabana das Letras Galegas e a Foliada de Canduas

Foliada de Canduas e Letras Galegas
O talento local protagonista en Cabana das Letras Galegas e a Foliada de Canduas

Cabana conmemorará o día das Letras Galegas cunha xornada multidisciplinar na que se apostará polo talento local. O acto, programado para celebrarse o propio venres 17 ás 11:00 horas na Escola de Vela, contará cunha programación integrada na súa totalidade por agrupacións artísticas e deportivas da localidade, participando nel as escolas municipais de teatro e ximnasia rítmica, as corais de San Martín de Canduas e Cesullas e o grupo O Son do Castro.

Un día despois, a Comisión de Festas de Canduas organiza a primeira edición da Foliada de Canduas, que encherá a parroquia de música popular o vindeiro 18 de maio. A xornada terá lugar desde as 17.00 horas no local social da parroquia e nela daranse cita diversos grupos de gaitas, pandeireteiras, acordeóns e corais, entre outras agrupacións musicais. Ademais tamén se porán á venta racións de tortilla, empanada e chouriciños.

Comentarios