Venres. 10.04.2020
El tiempo

Unha de cada catro persoas da Costa da Morte vive fóra

Unha de cada catro persoas da Costa da Morte vive fóra
Non deixamos de sorprendernos ante as cifras que aporta o censo poboacional da Costa da Morte. Sabiamos que a diáspora ten un peso específico clave no devir da bisbarra, pero ollando os números de preto, a realidade supera a ficción. Vimos de realizar un análise poboacional analizando os censos dos 15 concellos que cubrimos na Costa da Morte. Cos datos do Censo de Residentes (CER) e do Censo de Residentes Ausentes (CERA), podemos concluir cousas aclaratorias.
  • Dos 95.837 habitantes da bisbarra, 21.727 viven fóra, o que supón o 24.3%.
  • Unha media de 1.500 persoas, case 1 de cada 4, viven fora do seu concello.
  • Fisterra, Vimianzo e Laxe son os concellos con máis poboación "ausente", superando o 30%.
  • Muros e Cee son os concellos con menos poboación "ausente", cun 15.7% e un 16.4%. Corcubión e Malpica son os únicos que tampouco superan o 20% de "ausentes".

Vota ou non vota

Malia que so o poden facer nas autonómicas e xerais, o 24.3%% dos costeiros non poderán votar nas vindeiras eleccións municipais de maio trala nova reforma da Lei de voto emigrante. Desta asunto teñen falado os nosos colaboradores das Firmas QPC. Se con Víctor Castiñeira xa temos repasado os Movementos migratorios na historia da bisbarra, Manuel Suárez analiza máis pormenorizadamente a situación política e social da diáspora dende Lonxe de Montevideo. De feito, Manuel xa nos ten falado da tolemia do voto emigrante.

A mocidade e o mellor da Costa

Todos estes datos xa son duros de asimilar de por si. Pero máis graves son se temos en conta que boa parte destes residentes fóra da Costa son xente nova e preparada, xente con gañas de medrar profesionalmente que non atopan saídas profesionais na zona. De seguro que se se fixera unha estimación da media de idade dos emigrantes costeiros, estaría entre os 20 e os 40, tendo en conta que o estudantado é outros dos gremios que máis escapa.

Datos de emigración na Costa da Morte

Concello Poboación Total CER CERA % de poboación ausente
Cabana 5.773 4.319 1.454 25.1%
Camariñas 6.675 5.131 1.544 23.1%
Carnota 6.683 4.283 1.400 24.6%
Cee 7.922 6.621 1.301 16.4%
Corcubión 1.851 1.496 355 19.1%
Dumbría 4.105 3.100 1.005 24.4%
Fisterra 6.181 4.157 2.024 32.7%
Laxe 4.182 2.903 1.279 30.5%
Malpica 6.864 5.536 1.328 19.3%
Mazaricos 5.806 4.240 1.566 26.9%
Muxía 6.503 4.590 1.913 29.4%
Muros 9.763 8.217 1.536 15.7%
Ponteceso 7.089 5.438 1.651 23.2%
Vimianzo 10.166 6.844 3.322 32.6%
Zas 6.204 4.611 1.593 25.6%
TOTAL 95.767 72.496 23.271 24.3%

Achegamento á diáspora

Dende QPC levamos tempo intentando achegarnos á diáspora e xa temos en marcha un proxecto para sacar unha nova sección: "Costeiros polo mundo". Agardamos que todos os que nos leades dende fóra da bisbarra participedes.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

comentarios