Venres. 29.03.2024
El tiempo

A CMAT valora un ano e medio de actividades a pesar das carencias

A CMAT valora un ano e medio de actividades a pesar das carencias
Cursos de Formacion da CMAT.jpg Imaxe dun dos Cursos de Formacion da CMATbalance a CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) das actividades durante este pasado 2016 e este comezo de 2017. Un balance que non impide seguir sufrindo os seus intrínsecos problemas, que pasan pola falta de implicación do sector privado, á falta de compromiso, e de pagos, do sector público. O ente, xa o interlocutor único do sector turístico coa Xunta e Deputación, continúa esperando que todos os concellos paguen as súas míseras cotas (que rondan os 2.000€) para afrontar as súas accións. De feito, se o Xeodestino abrangue 17 Concellos, a día de hoxe hai 5 que non pagaron unha soa cota dende a formación do ente, se ben é certo que algún outro estase poñendo ao día tralas últimas queixas da dirección. Uns fondos que son absolutamente necesarios para sacar adiante unha entidade que polo de agora depende do voluntarismo dos poucos empresarios comprometidos, que contan co apoio dunha Secretaría Técnica. En todo caso, o primeiro paso sería ter fondos suficientes para contratar unha Xerencia. APP Costa da Morte CMAT A APP Costa da Morte CMAT ”Aínda con esas condicións tan xustas, e dependendo do esforzo dalgún membro da directiva, estanse facendo moitísimas cousas, comparados con moitos xeodestinos que mesmo teñen persoal propio”, recoñece a propia responsable da Secretaría Técnica, Eugenia Juncal. Destaca os máis que necesarios cursos de formación, que aínda están rematando, e que xa formaron máis de 150 empresarios da bisbarra; a asistencia a feiras, ou a creación de 8 vídeos de gran calidade que se promoven nas redes e nas feiras así como a numerosos touroperadores. Outra cousa que destaca un dos directivos, Pablo Canosa, é a APP “Costa da Morte CMAT”. Asegura que está funcionando moi ben e que son moitos os clientes que tras coñecela, o felicitan pola súa usabilidade. De feito, Canosa anima ao resto de empresarios a que lla ensine aos clientes pois ademais aforra moito tempo de explicacións.

Creación de produto

Agora o traballo está centrado na “creación de produto”. Xa hai 8 experiencias creadas, que están en fase de tradución ao castelán e ao inglés, para subir á rede e poder ofertalas.

Resumo de actividades

Actividades realizadas polo CMAT no ano 2016 (co apoio de Turismo de Galicia): 1. Desenvolvemento da imaxe de marca da Costa da Morte Asociación Turística, CMAT:
  • a creación dun portal web www.visitacostadamorte.com onde se recolle a información turística do destino Costa da Morte en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Creación dos contenidos web para o portal creado, imáxenes fotográficas de alta calidade e audiovisuais para a promoción turística do territorio.
  • Mantenemento da web.
  • Desenvolvemento de Apps Móviles para as plataformas Ios, Android e Windows Phone, con soporte para 3 idiomas con información de Costa de Morte, dos establecementos que conforman o destino, con información de interese, galería de imáxenes e videos.
2. Desenvolvemento de redes sociais 2.0 (twitter e Facebook), así coma o posicionamento SEO e SEM en internet do destino Costa da Morte. Servizo dun community manager e con soporte técnico. 3. Asistencia a FITUR e ITB de Berlín. 4. Accións de comunicación:
  • Reportaxe publicado na prensa sobre actividades deportivas realizadas na Costa da Morte. O conocido surfista Axi Muniain graba en Costa da Morte o programa “Al filo de lo imposible”.
5. 8 videos o xeodestino Costa da Morte que foron difundidos a través da web, nas redes sociais e presentados tamén en FITUR e ITB. Coas temáticas de:
  • Video “O CAMIÑO DOS FAROS”.
  • Video MAR DE XENTES.
  • Video “O AGUA CONTRA A ROCHA”.
  • Video “COSTA DA MORTE-FITUR”
  • Video De SANTIAGO a FISTERRA.
  • Video “PERCORRE A COSTA DA MORTE”
  • Video CAMINO DE SANTIAGO 360º
  • Videos 360º
6. Secretaría técnica que atendeu as xestións operativas do CMAT.   Actividades realizadas polo CMAT no primeiro cuatrimestre de 2017 (co apoio da Deputación da Coruña) 1. Plan de formación orientado a mellorar a calidade dos servizos e a actualización e profesionalización do sector na Costa da Morte. Impartíronse 236 horas de formación en distintos puntos do xeodestino, en Fisterra, en Muxía, en Carballo, en Camariñas, en Zas, en Vimianzo, en Cee, en Cabana, en Dumbría, en Mazaricos, en Ponteceso e en A Laracha. Foron formados 151 profesionais. As temáticas foron:
  • Monográficos de cociña: peixe
  • Monográficos de cociña: almorzos
  • Monográficos de cociña: carne
  • Monográficos de cociña: presentación de pratos
  • Monográficos de cociña: marisco
  • Calidade alimentaria e alimentación saudable
  • Dirección e xestión de aloxamentos
  • Comportamento social e boas maneiras
  • Inglés para hostalaría
Curso de Formacion da CMAT Imaxe dun Curso de Formacion da CMAT 2. Asistencia as feiras de Fitur e ITB de Berlín. 3. Mantenemento da web e redes sociais. 4. Creación de producto. Deseñáronse 8 Experiencias turísticas pola Costa da Morte , a mayoría vinculadas ao produto do recurso do megalitismo, que verán están en fase de traducción e serán difundidas próximamente. As Experiencias son:
  • Esencia pura do noso patrimonio
  • Axexando dende as alturas
  • As riquezas que emerxen da terra
  • Area e ar
  • Na procura da caramiña
  • Onde o vento me leva
  • Os ancestros do pobo galego
  • Dos castros as aldeas rurais
5. Secretaría técnica que atendeu as xestións operativas do CMAT.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios