A Deputación financia as obras da sustitución da impulsión do Regengo, en Cabana
08:05 20/07/16
Xose Regueira e Jose Muino firmaron o convenio de colaboracion entre a Deputacion da Coruna e o concello de Cabana
O alcalde de Cabana de Bergantiños - José Muíño Domínguez - e o deputado responsábel da área de Cooperación dos concellos da Deputación da Coruña - Xosé Regueira Varela - asinaron onte un convenio de colaboración entre as dúas administracións para o financiamento da substitución da impulsión situada no Regengo-O Picón, na parroquia cabanesa de Cesullas.
En concreto, a Deputación da Coruña fará unha achega de 60.000 € que representa unha porcentaxe de 71,42% dun orzamento que ascende a 84.000 €. O organismo provincial financiará os gastos derivados do contrato de execución das obras que terán que estar realizadas en data de finalización do convenio o 1 de novembro de 2017 aínda que, a Deputación poderá conceder unha ampliación que en ningún caso poderá exceder do 1 de novembro de 2019.
Novas relacionadas
- Carballo mellora a rede viaria e as zonas verdes do polígono industrial de Carballo co apoio da Deputación
- Varios investimentos na Costa da Morte forman parte da orde do día do pleno da Deputación
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña