Venres. 29.03.2024
El tiempo

A lingua galega sobrevive na Costa da Morte

A lingua galega sobrevive na Costa da Morte
Datos do Uso do galego na Costa da Morte-2011

Recolle esta semana o xornal galego Praza un informe sobre a evolución do uso da lingua galega en todo país durante a pasada década. Analizando datos do IGE entre 2001 e 2011, o diario conclúe que o galego deixa de ser a lingua máis falada en Galicia.

Uns datos que se corresponden coa realidade social do país, no que a poboación urbana cada día é máis numerosa. Pero estes datos vense contrarrestados pola realidade rural, e a Costa da Morte é un claro exemplo.

Analizando os datos do IGE comarca a comarca, concello a concello pola Costa da Morte, notamos algo ben distinto. Primeiramente, se en Galicia o 91% fala o galego, na Costa da Morte esa porcentaxe elévase ao 98%, con puntos destacables coma Dumbría, onde todos os seus habitantes fala a lingua de Castelao. Son Corcubión e Cee, cun 95% e un 96%, as poboacións onde hai máis castelán.

Evolucion do uso do galego na Costa da Morte-Fonte-Foro Costa da Morte

Un 82% dos costeiros falan galego “sempre”

Se analizamos a uso da nosa lingua vemos as diferencias entre Galicia e a Costa da Morte. No conxunto do país, as persoas que din falar "sempre" galego caeron 13 puntos dende 2001, e xa non son maioría, andando polo 44%, por un 45% que o usa ”ás veces” e un 11% que non o utiliza “nunca”.
Pola contra, nos Concellos QPC, nas comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas, o 82% da poboación maior de 5 anos fala en galego “sempre”, por 16% que o fala “ás veces” e só un 3% que non o fala “nunca”.

Volven ser Corcubión, cun 45% de falantes de galego unicamente, e Cee, cun 65%, os concellos con maior incidencia do castelán, algo que se pode comprobar só con pasear por ambas vilas.

14 puntos menos de incidencia do galego

Os datos son claros, pero así e todo, se facemos unha comparación cos datos de hai 10 anos, a cifra segue sendo preocupante. No 2001, era o 96% da poboación da Costa da Morte a que falaba galego “sempre”, polo 82% no 2011. Unha clara caída, en sintonía coa vivida no resto de Galicia, que anda polo 13% menos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios