Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Privamera sabe a cultura en Cabana

A Privamera sabe a cultura en Cabana
Primavera Cultural Cabana

Continúa o Programa de Primavera Cultural do Concello de Cabana de Bergantiños. Un programa que comezaba nesta semana santa cunha oda ás aves, e que continúa durante o que resta de mes de abril e o mes de maio.

Haberá un pouco de todo, dende sesións de baile como a do domingo 15 no Centro Social de Neaño, ata unha viaxe a Ourense para coñecer o tren de alta velocidade. Unha das citas máis singulares terá lugar o sábado 28 de abril, cando os artistas maiores do Concello reciban o dvd da grabación da polafía 2011. Ese mesmo sábado 28 de abril realizarase unha Proxección dun resume de todas as actuacións.

Maio comezará con teatro o martes 1. Ademais o día 6 toca lectura cívica do cancioneiro etnográfico de Borneiro e máis teatro e así ata o domingo 27 de maio, con actividades continuas.

Paralelamente estará aberta a Exposición de gravados. Do 17 ó 30 de maio no Centro Social de Neaño. De 16.30 a 20.00 h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios