Martes. 15.10.2024
El tiempo

A veciñanza consegue ampliar a Área Protexida do val de Lourido

A veciñanza consegue ampliar a Área Protexida do val de Lourido
val fluvial do rio Lourido-Corcoesto Val fluvial do río Lourido, en Corcoesto, Cabana

Valeron para algo os obradoiros para crear o Catálogo da Paisaxe de Galicia. Así o asegura a Asociación galega Cova Crea, que recibíu a notificación do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sobre a ampliación da AEIP 09_02 (Área de Especial Interés Paisaxístico do val fluvial do Lourido) á Carballeira de Santa Mariña do Remuiño en Corcoesto, municipio de Cabana de Bergantiños.

"Isto foi posible á participación activa da cidadanía que colaborou nos Talleres de participación da Paisaxe organizados ao efecto polo Instituto de Estudos do Territorio, para a elaboración oficial do Catálogo das Paisaxes de Galicia", aseguran dende a entidade, que xa pensa no seguinte paso: "o recoñecemento do val fluvial do Lourido como Reserva Fluvial, proposta que será presenta en breve en Augas de Galicia, e na cal participa veciñanza das parroquias ribeireñas de Cereo, Corcoesto e Valenza (municipios de Cabana e Coristanco)".

A reserva natural fluvial é unha figura de protección para a conservación dos ríos. As reservas naturais fluviais son aqueles ríos, ou algún dos seus tramos, con escasa ou nula intervención humana e con unha elevada naturalidade, aos que se lle outorga esta protección coa finalidade de preservalos sin alteración. Os plans hidrolóxicos deben incorporar as reservas naturais fluviais das súas demarcacións.

Un espazo impresionante

Santa Mariña do Remuiño e a súa emblemática carballeira centenaria figura como Lugar de Especial Interés Paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia. O LEIP Carballeira de Sta. Mariña de Corcoesto, forma parte da Área de Especial Interés Paisaxístico do val fluvial do río Lourido AEIP 09_02, tal e como se recolle no anexo cartográfico da Grande Área Paisaxística Chairas e Fosas Occidentais (páxina 340 do Catálogo das Paisaxes de Galicia).

Na web valfluvialdolouridocorcoesto.com, recóllese información sobre das características do val.

Máis información

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios