A Xuventude galega prepárase para o Campo de Traballo ambiental de Cabana


Apenas hai unha semana dende a súa presentación e xa só quedan 5 prazas libres para o Campo de Traballo no Concello de Cabana. Trátase dun Campo de Traballo de carácter ambiental e etnográfico no contorno do Rego dos Muíños ou do Roncaduiro, que se desenvolverá o vindeiro mes de xullo, do 15 ó 29, coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude.
Esta proposta lúdico-formativa xa se está a publicitar na páxina de Xuventude da Xunta de Galicia onde os interesados poden obter todo tipo de información sobre o citado campo de traballo, inscribirse ou reservar praza ou mesmo descargar toda a información que hai que entregar para realizar a inscrición.
A idade de participantes vai dos 18 ós 24 anos e nestes momentos só quedan 5 prazas dispoñibles.
Máis información
Aquí poden ollar máis información sobre o Campamento e outros de toda Galicia
Novas relacionadas
- As Letras Galegas visitan en maio todas as parroquias de Cabana de Bergantiños.
- Vinte mozos do Estado coñecerán as terras de Cabana de Bergantiños a través dun Campo de Traballo.
Fonte
- Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística de Cabana.