venres. 21.03.2025
El tiempo

Afaber expande as súas actividades a Cabana e Santa Comba

Afaber expande as súas actividades a Cabana e Santa Comba
O concello de Santa Comba firmou recentemente un convenio de colaboracion con Afaber O concello de Santa Comba firmou recentemente un convenio de colaboracion con Afaber A asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños - Afaber - continúa coas actividades ao longo da Costa da Morte. Hoxe, ás 16:30 horas, terá lugar no centro de maiores de Cesullas - Cabana de Bergantiños - a reunión do grupo de apoio de familiares e persoas coa enfermidade do Alzheimer. Lara Rodríguez de las Heras, psicóloga cunha ampla experiencia no eiod das demencias e nas terapias de familias e grupos, será a encargada de dirixir o grupo. Por outra parte, sigue aberto o prazo de inscrición para o curso de coidadores de persoas con Alzheimer que terá lugar en Santa Comba baixo o lema "Coidándodes para coidar mellor". A formación desenvolverase os días 19, 24, 26 e 31 maio en horario de 10:30 a 12:30 horas na aula 10 do edificio de Usos Múltiples xalleiro. Este curso está dirixido a coidadores habituais de persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer e/ou outras demencias, ou persoas con dependencia. Terán preferencias os socios e socias de Afaber e as persoas integradas nun grupo de apoio de familiares. No caso de que queden prazas libres poderán acudir persoas interesadas en xeral. O curso que se realizará no Concello de Santa Comba será totalmente de balde para os interesados, grazas ao apoio e a colaboración do Concello de Santa Comba e hai un total de 20 prazas. Os interesado pode recibir máis información nos números de teléfono 981 75 85 45 ou no 625 98 06 91 ou ben contactar a través do correo electrónico [email protected] Novas relacionadas Fonte

Comentarios