Sábado. 05.10.2024
El tiempo

AGE pídelle á Xunta que adquira a titularidade do dolme de Dombate

AGE pídelle á Xunta que adquira a titularidade do dolme de Dombate
Dolmen de Dombate Dolmen de Dombate Despois comezo de ano cargado de incertidume polo futuro da xestión do dolmen de Dombate, AGE - Alternativa Galega de Esquerda - vén de presentar no Parlamento galego unha proposición non de lei para pedirlle á Xunta de Galicia que adquira a titularidade do megalito, actualmente en mans da Deputación que lle concedeu ao concello de Cabana de Bergantiños a cantidade de 60.000 € para a prestación de servizos de atención ao visitantes ao monumento durante o ano 2016. Precisamente AGE censura que non sexa a Administración galega quen xestione o monumento megalítico e advirte das "evidencias" que amosan que "os convenios que actualmente tece a Deputación co concello de Cabana non son os máis acaídos". Así, lembran a "desfeita" que sufriu a réplica - que custou uns 83.000 euros en 2012 -por mor da masificación e que levou a que hai tan só unhas semanas se informase dun necesario proceso de restauración, o que provoca que os visitantes non poidan coñecer as pitnturas do interior do dolmen orixinal, que inaccesible para o gran público. Segundo indica o grupo parlamentar, o convenio entre o concello e a Deputación marca como obxectivo “que o maior número de xente posible poida achegarse a Dombate”. AGE lembra que a masificación do monumento - que o ano pasado recibiu 20.000 visitas - implica o incumprimento da cláusula 2.1, que obriga ao control do tránsito de visitantes, e que o feito de que se teñan que reparar os desperfectos na réplica supoñen tamén que "houbo incumprimento das claúsulas que obrigan á súa conservación e mantemento (punto 2.2.1.), o que debe conlevar a súa resolución tal como consta de forma expresa na súa cláusula oitava". AGE entende que é un Ben de Interese Cultural (BIC) de "incomparable beleza patrimonial" debe pertencer á Xunta quen, a través da súa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, "debe encargarse de salvagardar, protexer e velar pola integridade do patrimonio cultural galego". "O dolmen de Dombate pertence, pola súa significación e relevancia, a toda Galicia", explica o grupo parlamentario, que cre evidente que "un concello pequeno ou medio pode moi ben non dispoñer dos recursos necesarios para xestionar un ben patrimonial de envergadura nacional e internacional". "É o que semella acontecer aquí", insiste quen asegura que non se fala "dun ben turístico e de mercado, senón de cultura, educación e identidade dun pobo".   Novas relacionadas Fonte

Comentarios