Venres. 26.04.2024
El tiempo

A ANPA A Riveira espalla a igualdade no CPI As Revoltas

TEatro Igualdade ANPA CEIP Revoltas
A ANPA A Riveira espalla a igualdade no CPI As Revoltas

Continúa o Programa Educa en Igualdade dA Anpa A Riveira do CPI As Revoltas, subvencionado pola Deputación de A Coruña. No mes de febreiro, a alumnado de Primaria participou nun obradoiro de regulación emocional para educar en igualdade: "Peneirando emocións”.

Desta volta, é a quenda do alumnado de Educación Infantil, que en compaña do primeiro ciclo de primaria, o luns 13 de marzo, ás 10:30 h no Salón de Actos, desfrutarán da representación dunha obra de teatro musical "A fada que non sabía ser fada”, unha obra de teatro que rompe cos estereotipos de xénero, dinámica e divertida.

E xa no mes de abril, o alumnado de Secundaria participará en varios obradoiros e mesmo un Escape Room, cun denominador común: a perspectiva de xénero e contra a violencia de xénero.

Ao remate de cada xornada dos talleres, os alumnos recibirán material promocional da campaña Educa en Igualdade da Anpa A Riveira.

Comentarios