A Deputación paga aos veciños afectados polas expropiacións da senda peonil na estrada de Neaño ao Allo por Cesullas
A Deputación vén de citar o 28 de marzo na Casa do Concello de Cabana, aos propietarios dos 35 terreos afectados polas expropiacións polas as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP 1406 de Neaño ao Allo por Cesullas, no termo municipal de Cabana de Bergantiños. O ente provincial vai realizar o pago dos depósitos previos e indenmizacións correspontendes, por un importe 88.605 empregados pola adquisión dos terreos, sobre un orzamento total das obras de máis de 800.000€.
As obras permitirán crear unha senda de 1,2 quilómetros de lonxitude e dous metros de ancho na marxe dereita da estrada DP-1406, entre os PQ 0+680 e 1+900.
O proxecto contempla tamén a ampliación da plataforma ata conseguir dous carrís de tres metros e medio de ancho e beiravías de medio metro. Nos puntos nos que se executen muros de escollera, a beiravía na marxe esquerda terá un ancho dun metro. Para completar as tarefas, substituirase a drenaxe existente para ofrecer unhas mellores características hidráulicas.
O proxecto contempla ademáis a pavimentación, sinalización vertizal, horizontal e balizamento, así como resaltes e ollos de gato.