Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Arrincan as obras da Senda peonil de Nantón

Senda Nanton obras
Arrincan as obras da Senda peonil de Nantón

Arrincaron esta semana as obras de execución dunha nova senda na AC-552 na contorna do centro de control da autovía AG-55, ao paso pola parroquia de Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños.

Os traballos, cun investimento de preto de 50.000 euros, céntranse na construción dun novo itinerario de uso fundamentalmente peonil de 300 metros na marxe esquerda da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 48+120 e o 48+405, que dará servizo aos operarios do centro de control da AG-55 e aos veciños dos núcleos de Cazón, Camafreita e Denellón.

Con esta intervención tamén se conectarán as vivendas que están paralelas á AC-552, onde actualmente os peóns circulan pola beiravía ao non dispor de sendas na marxe da estrada.

Comentarios