As familias aprenden a educar ca Fedanpa
O pasado venres, 10 de outubro presentaron publicamente as ANPAs da Costa da Morte e a deputación da Coruña, as xornadas “Aprender a Educar”, organizada pola AS-PG. Unhas xornadas enfocadas a pais e nais da volta con gañas de aprender.
I é que a familia xoga un papel fundamental no desenvolvemento das persoas porque é no seo familiar onde se realizan as primeiras aprendizaxes básicas e segue a ser, durante a infancia e adolescencia, un marco referencial de aprendizaxe da convivencia, de normas de conduta, de educación de sentimentos, etc. A colaboración estreita das familias e a escola é fundamental para garantir unha formación integral de rapazas e rapaces.
Pasará por varias vilas a proposta, que costa de dúas charlas: “A presenza dos menores na rede”, impartida por Jorge Castro Ruso, autor da páxina web “Menores en rede” e traballador das Bibliotecas Municipais da Coruña; e “A familia como contexto socializador”, cuia relatora será Mª Luísa Abad, orientadora e autora de numerosas publicacións sobre temas de igualdade.
A cronoloxía e contido das xornadas é o seguinte:
- A Laracha: Casa da Cultura. Rúa Rosalía de Castro s/n.
- A presenza dos menores na rede. Venres, 17 de outubro.
- A familia como contexto socializador. Venres, 31 de outubroHora de comezo 20:00h. - Carballo: Forum. Praza dos bombeiros voluntarios. Hora de comezo: 20:30 h.
- A presenza dos menores na rede. Venres, 14 de novembro.
- A familia como contexto socializador. Venres, 21 de novembro. - Corcubión: Casa da Cultura. Rúa Médico Vicente Fraguela, 14. Hora de comezo: 20:00 h.
- A familia como contexto socializador.Venres, 14 de novembro.
- A presenza dos menores na rede. Venres, 21 de novembro. - Cabana: auditorio municipal, A Carballa 17-Cesullas.
- A presenza dos menores na rede. Mércores, 29 de outubro. - Laxe: CPI Cabo da Area. Rúa Isidro Parga Pondal, 45. Hora de comezo: 19:30 h. .
- A familia como contexto socializador .Venres, 7 de novembro.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).