Domingo. 15.09.2024
El tiempo

As zonas afectadas pola mina fórmase en materia forestal

As zonas afectadas pola mina fórmase en materia forestal
Xornada Forestal en Coristanco e Cabana

Interesante a proposta das Asociación Veciños de Cereo, Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo e a Asociación de Veciños "Lourido" de Valenza. Propoñen unhas Xornadas da Certificación forestal FSC, que terán lugar o vindeiro sábado nas parroquias de Corcoesto (Cabana) e Valenza (Coristanco).

As xornadas pretenden formar aos veciños para mellorar a venda da madeira e garantir a calidade das explotacións forestais das tres parroquias da Comarca de Bergantiños.
Unha sesión impartida por Técnicos de Enxeñaría Forestal Asefor S.L. Expertos en certificación FSC, xestores do Grupo Alvariza de Certificación Forestal, que incluirá unha "Introdución ao FSC e as súas vantaxas" e unha explicación sobre a "Certificación de pequenos propietarios".

Como dicimos a cita será o sábado, 8 de marzo no Local Social de Cures (parroquia de Corcoesto, Cabana), ás 16:00 horas; e no Local Social de Castrobó (Parroquia de Valenza, Coristanco), ás 18:00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo.

Comentarios